PEREGRINACIÓN AO SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DOS MILAGRES DE AMIL (MORAÑA) E PASEO EN BARCO POLA RÍA DE AROUSA

O pasado mércores día 8 de Agosto, tivo lugar unha excursión, con saída ás 8:30 horas, para celebrar Misa no Santuario dos Milagres de Amil, e seguidamente acercarse ao peirao do O Grove, para subir a bordo dunha embarcación e facer unha travesía pola ría de Arousa. Rematouse, con baile incluido, con un xantar de confraternidade no restaurante “Casa Encarna” de Noalla.

Por xentileza de Paco Pardo da Parroquia de San Jose, que xunto co seu párroco D. José Manuel Hermida foron compañeiros da viaxe, poden ollar algúns dos momentos vividos sen mais que “pinchar” na foto.