Como poderán apreciar nas fotografías que nos envían da Escola de Pandeireta, seguen con grande éxito as clases deste instrumento tan noso, arredor do cal xa podemos facer unha festa grande nos múltiples días de ledicia e irmandade que aparecen nas nosas vidas. Se algún dos nosos lectores quere apuntarse nestas clases, ainda que o curso xa leva varias semanas funcionando, pode facelo acheg´nadose pola parroquia de San Francisco Javier e anotarse falando coa profesora que imparte as clases.
Se acceden a “Galería de fotos” desta web ou pinchan nas fotos inferiores, poden ollar o grupo que disfruta aprendendo.