Días pasados un grupo de compoñentes da parroquia, xunto co noso párroco D. Severino e D. Ramón, asistiron ao Kiosko Alfonso para visitar a exposición fotográfica “r-evolución coruña” do redactor gráfico da “Voz de Galicia”, xa xubilado, Xosé Castro. O mesmo autor tivo a deferencia de ser él, persoalmente, o guía que deo todo tipo de explicacións de como se xeneraron as fotos antigas en contraste coas recentes de este ano e do ano pasado. Xa non é a primeira vez que “Pepucho” colabora con membros desta parroquia, posto que no ano 2005, pouco tempo despois de inaugurar o novo templo e os locais parroquiais, formou parte dunha mesa redonda que clausurou un curso de fotografía impartido polo tamén prestixioso fotógrafo Pepe Varela. No coloquio antes citado tamén participaron os non menos prestixiosos fotógrafos D. Alberto Martí e Dª Yolanda Ferrer, colaboradora habitual de moitos actos culturais e benéficos celebrados na Parroquia.
A exposición “r-evolución coruña” permitiunos afondar na identidade e transformación da cidade durante as últimas décadas. Identidade e transformación que soupo capta de forma brilante nás súas fotografías Xosé Castro. Coas aproximadamente trescentas fotografías que conforman esta mostra, Pepucho invítanos facer un percorrido pola cidade, a lembrar o cotián e a ver a profunda evolución das súas rúas e barrios. Nas súas fotos reafírmase o sentimento coruñesista de amor pola nosa cidade e os seus valores solidarios, tolerantes e de liberdade.
Estas festas do Nadal son axeitadas para pasar polo Kiosko Alfonso e disfrutar dunha exposición única, na que disfrutaremos todos. Remata o vindeiro 9 de Xaneiro, ainda que o seu contido permanecerá nun libro editado polo Concello da Coruña.
Na “Galería de fotos” aparecen algúns momentos desta visita.
FOTOGRAFÍAS DE XOSÉ CASTRO-KIOSKO ALFONSO(4-11-10 al 9-1-11)
Publicación anterior