O domingo día 15 de Abril de 2012 celebrarase por oitavo ano consecutivo o día da Parroquia. Este acontecemento tan sinalado creouse co fin de aunar esforzos para conseguir entre todos facer unha Parroquia con vida puxante e activa.
Os actos deste ano serán semellantes aos de anos anteriores. Ás 13:00 h terá lugar a Misa Solemne, onde a colecta da mesma será para amortizar as deudas contraídas coas obras e mobiliario do novo templo e locais anexos.
Ás 14:30 h, no restaurante “FONTENOVA”, terá lugar a comida de confraternización entre os parroquianos e asistentes que se queiran unir a esta festa pará solidificar os lazos de unión entre todos.
Todas as persoas que desexen participar no xantar, deberán anotarse na Parroquia antes do xoves día 12 de Abril, abonando nese instante o prezo do mesmo.
Desde estas páxinas animamos á participación de todos os feligreses e amigos da Parroquia.
8º DÍA DA PARROQUIA
Publicación anterior