TODA UNHA VIDA ADICADA AO ENSINO
O mércores 27 de Xuño, un grupo de mais de 55 amigos e compañeiros do IES “Rafael Dieste”, tributáronlle unha agarimosa homenaxe ao noso Párroco D. Severino por mor da súa xubilación como profesor de Relixión, despois de mais de trinta anos en exercicio en varios centros de Galicia, no Instituto “Rafael Dieste” de A Coruña. Á comida asistiron arredor de 40 dos antes citados, xa que os restantes, por diversas causas e pola data da mesma non puideron acompañalo no xantar.
Este xantar de confraternización tivo lugar no Restaurante “Arcade”, que forma parte das modernas instalacións do Hotel Plaza, ubicado na rua Fernández Latorre, na zona de Catro Camiños. Despois duns aperitivos e dun suculento e magnífico xantar, nos postres, foille entregada unha placa de recordo, elaborada en esmalte e vidro pola artista coruñesa Julia Ares, onde figuraban alegorías a laboura académica de D. Severino e un canto á amistade, quedando reflexada na mesma o nome de todolos participantes.
Coas intervenciós improvisadas do homenaxeado e de varios dos asistentes rematou esta homenaxe, que, polas impresións posteriores de D.Severino, quedará grabada para sempre no seu corazón.
Esta xubilación ten a parte negativa da perda dun excelente profesor de relixión, pero ten a parte positiva para os intereses das parroquias de San Francisco Xavier e do Pilar, da súa total entrega á labor pastoral nas mesmas.
¡¡NORABOA D.SEVERINO!!
Acompañan a esta efemérides unhas instantáneas do acto