Os vindeiros 1, 2 e 3 de decembro (sábado, domingo e luns), terán lugar na nosa Parroquia as festas patronais na honra do noso Patrón San Francisco Javier: Como todos os anos preséntanse estes festexos, dentro da nosa humildade, cheos de ilusión e ledicia por ver aos nosos veciños e amigos da cidade disfrutar das nosas celebracións tanto relixiosas como lúdicas. Na imaxe adxunta poden ollar as orquestras e charangas que animarán as nosas ruas durante os tres días de festa. Tamén poden consultar os horarios das misas e demais celebracións relixiosas en honor ao Santo Patrón.
Desde estas páxinas, en nome da comisión de festas, dámoslle as grazas a todoalas persoas e familias que coa súa aportación e axuda voluntario, por moi pequena que sexa, fan posible a realización destas festas. Estes agradecementos fánse extensibles ás empresas e negocios do barrio e de outros lugares da cidade que coa súa publicidade aportan uns ingresos, que xunto cos das familias, permiten afrontar os gastos que toda celebración ten. Os colaboradores comerciais poden ollalos no cartel das festas.Nestes tempos de crise e dificultade ainda son mais de agradecer.
¡¡TODOS A DISFRUTAR DAS NOSAS FESTAS!!
FESTAS PATRONAIS (1, 2 e 3 de Decembro)
Publicación anterior