Como todolos anos, Súas Maxestades Os Reis Magos visitaron as Parroquias de San Francisco Xabier e do Pilar. Na primeira das parroquias fixeron a súa entrada no templo na Misa de 11:30. Despois de falar con Herodes, adoraron ao Neno ofrecendolle ouro, incenso e mirra. Cando terminou a Misa, entregaronlle agasallos a todolos nenos que estaban presentes, así como a algunha persoa maior quefoi a saludalos. A foto que acompaña á noticia mostra a SS.MM. cos participantes na representación. Pinchando na foto poden ver mais instantes desta celebración.
Coa mesma solemnidade chegaron á parroquia irmán do Pilar cando celebraban a Misa das 12:30. Despois de adorar ao Neno Xesús, seguiron a celebración da Misa para agardar que rematara e así poder facer entrega de mais regalos a os nenos desta parroquia. Na foto inferior, que serve de enlace para acceder a outras fotos do evento, poden observar aos participantes nesta representacion.
Desde estas páxinas queremos resaltar o traballo feito por todas as persoas que fixeron posible esta celebración, polo que lle agradecemos a Victoria e María Dolores(como representación do resto) o gran esforzo para a súa realización.