O vindeiro xoves día 9 de Xullo, ás 20:15 horas, dará unha conferencia no Salón de Actos da nosa Parroquia de San Francisco Javier, o INSIGNE PROFESOR, LEXICÓGRAFO, LINGUISTA, ETNÓGRAFO E GRAN INVESTIGADOR, DON ELIXIO RIVAS QUINTAS. A primeira parte da conferencia estará centrada na figura de Filgueira Valverde, a quen este ano lle foi adicado o Día das Letras Galegas, e na segunda parte fará a presentación do seu último traballo (Tomo XXV) “DICCIONARIO ETIMOLÓXICO DA LINGUA GALEGA”, que tamén foi presentado en Santiago o pasado 18 de Xuño polo Profesor Xesús Ferro Ruibal.
Ao remate da mesma poderá facerselle calquer pregunta ou curiosidade sobre os múltiples temas que domina o noso Ilustre visitante.
D. Elixio xa estivo nesta Parroquia noutras ocasións compartindo a súa sabiduría, destacando sempre pola súa humildade e cercanía. Un gran persoeiro galego, premio Otero Pedrayo en 1980, Medalla Castelao no 2000, membro da Comisión de Toponimia desde o seu inicio, e da Academia da Historia. Tamén foi o primeiro presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Galicia.
A foto que nos acompaña foi o día da presentación do libro en Santiago.
Desde estas páxinas recomendamos a todos os que queiran disfrutar do seu coñecemento, a asistencia a este acto.
Conferencia de DON ELIXIO RIVAS QUINTAS
Publicación anterior