Como todos os anos por estas datas, o martes 4 de agosto, cerca de 150 feligreses e amigos das nosas parroquias e da parroquia de San José, disfrutaron dun día de lecer na Vila do Grove, a Illa da Toxa. Nesta Illa, na coñecida Capela das Cunchas, D. Severino e D. José Manuel, concelebraron unha Misa, seguida con moitísima devoción polos asistentes.
Cun tempo meteorolóxico esplendido, deron, a bordo dun barco, un paseo pola belísima Ría de Arousa, degustando a bordo productos do mar, acompañados de viños albariños.
Os visitantes da web que o desexen poden ver diversos instantes deste día de confraternidade nas terras do Grove, sen mais que “pinchar” a foto diante da Capela da Toxa.
Tamén queremos agradecer a colaboración desinteresada, e sempre eficaz, dos nosos reporteiros gráficos Victoria Corbeira (P.S.Fco. Javier) e Frasncisco Pardo (P.San José).
VIAXE AO GROVE, A TOXA E NAVEGACIÓN POLA RÍA DE AROUSA
Publicación anterior