Onte día 24, ás 7:30 da tarde, celebrouse, con toda solemnidade, a tradicional Misa de Noiteboa, coñecida popularmente como MISA DO GALO. A cirimonia foi concelebrada polo noso Párroco, D. Severino, e o noso Vicario, D. Joaquín. O Coro Parroquial, dirixido por Lita, realzou todas as preces nas distintas fases da Misa. Ao remate da mesma, deuse a bicar “o NENO” aos asistentes, e depositouse o bela imaxe do NENO XESÚS no “Belén” que nos acompañará ate despois de Reis no noso Templo.
Desde estas páxinas queremos facer constar o agradecemento de todos os “parroquianos” a CHELO, ANA e MARÍA TERESA, autoras materiais deste BELÉN tan fermoso e cheo de mensaxes, polo traballo realizado con moito agarimo.
Se queren ollar algúns instantes desta Misa e do Belén poden “pinchar” nas fotos.
MISA DO "GALO"
Publicación anterior