O pasado día 18 deste mes de agosto, mais de 150 persoas das parroquias de San Francisco Javier, Nosa Señora do Pilar e San José, estiveron disfrutando das paisaxes e das grandes especialidades gastronómicas das terras e mares do Grove e a Lanzada.
Tan pronto chegaron ao Grove, a bordo de dous barcos, fixeron unha travesía polas augas da fermosa Ría de Aurosa. Durante a travesía deron boa conta dos magníficos mexilons e langostinos desta Ría, acompñados dos afamado viño albariño das terras do Salnes.
Posteriormente, na capela da Nosa Señora da Lanzada, participaron na Eucaristía concelebrada polos dous párrocos. Cando rematou a Misa, nun restaurante de Noalla, xantaron e compartiron tertulia e baile ata última hora da tarde, onde o tempo meteorolóxico acompañou a estos viaxeiros que ano tras ano disfrutan desta viaxe, esperando repetir o ano que ven.
Algunhas fotos mais, tomadas polo noso colaborador Paco Pardo, poden verse “pinchando” a fotografía superior.
VISITA ÁS TERRAS DO GROVE E TRAVESÍA EN BARCO
Publicación anterior