O sábado día 10 de novembro, tres autocares das Parroquias de San Francisco Javier e O Pilar, e un autocar da Parroquia de San José, con douscentos vintecinco feligreses e amigos das parroquias, peregrinaron ao Santuario das terras do Deza coa advocación da NOSA SEÑORA DO CORPIÑO. Ao frente desta numerosa expedición foron os respectivos párrocos, D. Severino e D. José Manuel. Ambos presidiron a Eucaristía no Santuario, aos pes da Virxe, seguida con total devoción e participación por todos os fieles asistentes.
Despois da Misa, como as veces anteriores, confraternizaron nun estupendo xantar no restaurante Casa Pablo, rematando co baile dos mais danzaríns de entre os comensais. Nos postres tivo lugar o sorteo dunha cesta de productos variados, de entre as rifas vendidas durante a comida para recadar fondos para a organización das festas patronais do vindeiro tres de decembro. A afortunada foi Elvira Romero Lorenzo.
Arredor das sete da tarde tomaron de novo os autobuses con destino a nosa cidade, con novos folgos para afrontar os avatartes diarios.
Alguns momentos vividos poden ser ollados entrando na Galería de fotos ou “pinchando” na foto superior.