No pasado mes de Febreiro, a RADIO GALEGA grabou un programa de case unha hora de duración para homenxear ao clube BREOGAN DO GROVE, que será emitido o SÁBADO 30 DE MARZO AS 12 DA MAÑÁN, xusto despois do informativo das 12.
O título do programa é: CONVIVIR DEPORTIVO, sendo dirixido e presentado polo xornalista da Radio Galega Alfonso Pardo.
E que pinta aquí D. Severino? Pois ben, foi cofundador, cun grupo de amigos e colaboradores parroquiales, do Clube e o Primero PRESIDENTE cando estivo , nos seus inicios, como diácono e presbítero no Grove. Este clube empezou como grupo cultural e despois foi crecendo como grupo deportivo e principalmente marítimo. Ten grupos de xadrez e de todas as modalidades de piraguismo, canoa kayak, etc. Obtivo varios campións de Espeña e Diplomas Olímpicos. O programa abriuno o actual presidente, despois D. Severino e todos os que o seguiro, estando tamén Fredy Bea, campeonísimo e actual presidente da Federación. Pechou o acto o noso Párroco, onde tamén participaron a actual campiona de España, varios alumnos do clube e o Sr. Alcalde do Grove.
Animamos aos nosos lectores que, se poden, escoiten o programa. Para quen non o poidera escoitar, se pinchan no enlace inferior, xa van directamente ao programa emitido.
http://www.crtvg.es/rg/a-carta/convivir-deportivo-convivir-deportivo-do-dia-30-03-2019-4075229