O pasado mércores 21 de agosto, tres autocares cheos de viaxeiros das Parroquias de San Francisco Javier, Nosa Señora do Pilar e San José, encabezados polos seus párrocos, D.Severino e D. José Manuel, sairon da Coruña cara ao Grove.
Á chegada a esta Vila arousan, na Igrexa parroquial de San Martiño, asistiron á celabración da Santa Misa concelebrada polos sacerdotes anteriormente citados. Este Templo ten a particularidade de que foi a Igrexa onde ordenouse presbítero D. Severino, das mans de Monseñor Rouco Varela.
Rematada a celebración, os asistentes, debido a súa cantidade, subiron a bordo de dous barcos para facer unha travesía pola Ría de Arosa, onde degustaron mexilons da ría, acompañados dun bo viño albariño.
Despoís da plácida navegación, co estomago a medio encher, subiron de novo aos autobuses para dirixirse ao asador “A Ferreira” de Nantes, para dar conta dun enorme xantar. Tamén dase a circunstancia que nesta parroquia pertenecente ao Concello de Sanxenxo exerceu de Párroco un lote de anos D. Severino. Despois dos postres e o baile de rigor, todos os viaxeiros regresaron cheos de ledicia a esta cidade da Coruña.
Se queren ollar algúns dos momentos vividos, ou facer copias dalgunha das fotografías, non teñen mais que acceder a Galería de Fotos da web ou pinchar na fotografía que acompaña este crónica.