Actividades de verán do Grupo Scout Stoas
Os Scouts da nosa parroquia realizaron este verán dúas actividades moi especiais para dar por rematado o curso 2019-2020. Debido a imposibilidade de facer un campamento de verán como o de todos os anos, por mor das enormes dificultades que provoca a situación da pandemia polo Covid-19, optaron por facer dúas excursións a dous fermosos lugares da xeografía galega, como son as Fragas do Eume e Ézaro.
O sábado 27 de xuño pasaron o día nas Fragas do Eume, gozando das súas espectaculares rutas de senderismo e, a pesares da chuvia, disfrutaron a xornada rematando cos tradicionais consellos, onde cada póla (pequenos grupo de rapaces divididos por idades) valoraron o curso e aos novos nenos e nenas que van entrar no grupo. Mentres, o sábado 11 de xullo levouse a cabo unha actividade moi especial e chea de emocións no Ézaro. A semana pasada rematamos a xeira cunha actividade especial, chea de emocións. Vivimos momentos de diversión, de esforzo, de convivencia… e tamén deixamos algunha bágoa polo camiño.
Comezamos o día remando contracorrente nuns kayaks, para despois subir ao máis alto, gozando da paisaxe de Ézaro. Despois do esforzo físico da mañá, fixemos as promesas e pases de póla, que remataron con emotivas despedidas.