A xornalista e directora da Radio Galega da Coruña, María Xesús Castro, que ademáis de amiga é gran colaboradora das nosas Comunidades Parroquiais sempre que lle pedimos a sua axuda, remítenos toda a información e datas de celebración, así como dos participantes, das Xornadas “Aprende a cociñar na Coruña”, onde nos explica en que consisten e a quen van dirixidas.
Na foto que encabeza esta noticia, aparece xunto a Pilar Farjas, Presidenta de Cáritas Interparroquial, e Alejandro López Carballeira, xefe de informativos da Radio Galega, o mdía da presentación das xornadas, o pasado día 4 de maio.
Novas sobre asa xornadas que nos enviaron:
“Comienzan las jornadas “Aprende a cocinar en A Coruña”
El día 4 de mayo iniciaron su andadura las jornadas “Aprende a Cociñar na Coruña”, iniciativa solidaria a favor de Cáritas Interparroquial de A Coruña.
Hoy arrancó la difusión de los vídeos de esta iniciativa, que pueden visualizarse ya a través de la plataforma Youtube:
https://www.youtube.com/channel/UCkz26fH6ZvyjrNVVifYsPvQ/featured
La primera grabación recoge la presentación de las jornadas, del Centro Violetas y de la tarea de la entidad, a través de la entrevista que Alejandro López Carballeira, jefe de informativos de Radio Galega, realiza a la directora de Cáritas Coruña, Pilar Farjas.
En el segundo vídeo, podremos ver la elaboración de una estupenda receta, por el prestigioso cocinero y profesor Xoan Crujeiras, presentado por Manolo Rodríguez de La Voz de Galicia.
Las nuevas grabaciones se irán subiendo semanalmente a la plataforma citada.”
No seguinte enlace poderán seguir véndose todo o resto dos vídeos:
Desde esta web felicitamos aos organizadores por esta iniciativa tan fermosa e solidaria, da que, se nos necesitan, terán o noso total apoio.
XORNADAS COCIÑA
Nacen as xornadas “Aprende a Cociñar na Coruña”
- Nelas participan 27 convidados do ámbito da restauración e representantes de
institucións que exercerán de profesores. Entre eles estarán Pepe Solla, Pablo Gallego ou
a alcaldesa da Coruña, Inés Rey. - As clases comezan en maio e realizaranse os martes de cada mes na aula de cociña de
Cáritas.
Cociñeiros de prestixio e representantes de diferentes institucións e do mundo da cultura, do
deporte e da economía participarán en “Aprende a cociñar na Coruña”, unha iniciativa impulsada
por Cáritas que busca elaborar menús saudables cos ingredientes que recibe a institución benéfica.
O obxectivo é que as persoas inmigrantes que acoden aos diferentes centros que Cáritas ten en
Galicia coñezan e a aproveiten as posibilidades da nosa cociña.
A ese cometido axudarán chefs da talla de Pepe Solla, Pablo Gallego ou Xoaquín Ameixeiras, pero
tamén persoeiros menos coñecidos entre os fogóns como a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o barítono,
Borja Quiza, o actor Luis Iglesia, o presidente do Deportivo, Antonio Couceiro, ou a campioa de boxeo
Marta Brañas. En total, 27 convidados acompañados doutros tantos xornalistas que exercerán de
profesores nestas xornadas de cociña que Cáritas organizará os martes de cada semana, de maio a
decembro, exceptuando o mes de agosto.
A inauguración das xornadas será o martes 4 maio e correrá a cargo da presidenta de Cáritas da
Coruña, Pilar Farjas, que, ademais, dará a coñecer o traballo que a institución vén realizando,
especialmente, durante este ano de pandemia.
A presentación da iniciativa, que conta co apoio de Afundación e da Deputación e do Concello da
Coruña, será o venres 30 de abril ás 11h na sede de Cáritas Interparroquial (Praza Recife, 1, A
Coruña)
COCIÑAR NA CORUÑA PARA TODOS (PROGRAMA DEFINITIVO)
ORGANIZAN:CÁRITAS E SOLIDARI@S
Xornadas que pretenden amosar ás persoas que precisan da axuda de Cáritas a cociñar cos ingredintes que reciben.
Serán menús realizados por un grupo de cociñeiros de prestixio, pero tamén por un bo número de representantes de distintas institucións e colectivos que terán a oportunidade, se non a tiveron xa, de coñecer o traballo que realiza Cáritas a diario.
As clases celebraranse a razón dunha a semana, tódolos martes, de maio a Decembro, agás o mes de agosto.
DATAS DE EMISIÓN DE CADA UNHA DAS CLASES
MAIO
EMISIÓN DÍA 4
Entrevista e reportaxe coa presidenta de Cáritas da Coruña, Pilar Farjas e cortes da R.P da presentación das xornadas.
Presenta: Alejandro López Carballeira, xefe de informativos da Radio Galega.
EMISIÓN DÍA 11
Cociña: Xoan Crujeiras, profesor de cociña e pasteleria no IES Fraga do Eume e cociñeiro do restaurante Bido, na Coruña.
Presenta: Manolo Rodríguez, xornalista de La Voz de Galicia.
EMISIÓN DÍA 18
Cociña: Inés Rey, Alcaldesa da Coruña
Presenta: Kiko Novoa. Xornalista, Presenta o Galicia por Diante, Radio Galega.
EMISIÓN DÍA 25 Cociña: Martín Fernández Prado, Presidente da Autoridade Portuaria da Coruña.
Presenta: Sonia Posse, xornalista e xefa de prensa na delegación da Xunta na Coruña.
XUÑO
EMISIÓN DÍA 1 Cociña: Pepe Solla. Fundador do grupo NOVE. É xefe de cociña e propietario do restaurante “Casa Solla” con estrela Michelín e tres soles Repsol.
Presenta: Nuria Polo, xornalista da Radio Galega.
EMISIÓN DÍA 8
Cociña: Antonio Couceiro. Presidente do Deportivo da Coruña.
Presenta: Javi Torres, xornalista da Radio Galega.
EMISIÓN DÍA 15
Cociña: Luis Martínez. Presidente da Federación de peñas do Deportivo.
Presenta: Noela Bao, xornalista da COPE Coruña.
EMISIÓN DÍA 22
Cociña: Elena Roca, adestradora do Crat de Rugby Coruña. Foi campiona de España e de Europa coa selección.
Presenta: Carlos A. Sánchez Pontón, xornalista e consultor de Comunicación.
EMISIÓN DÍA 29
Cociña: Marta Brañas, foi campiona nacional de Boxeo. Actualmente é militar.
Presenta: Luis Llera. Onda Cero.
XULLO
EMISIÓN DÍA 6
Cociña: Pablo Gallego. Chef e propietario do restaurante que leva o seu nome na Coruña.
Presenta: Isabel Bravo, xornalista de Radio Coruña-Cadena Ser.
EMISIÓN DÍA 13
Cociña: Yoya Neira, concelleira de Benestar Social da Coruña.
Presenta: Ana Nieto, xornalista e delegada da TVG na Coruña.
EMISIÓN DÍA 20
Cociña:Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña.
Presenta:Pablo Portabales,director do programa Voces de A Coruña de Radio Voz e colaborador diario na Voz de Galicia.
EMISIÓN DÍA 27
Cociña:Gonzalo Trenor, delegado da Xunta na Coruña.
Presenta:Elena López,xornalista de Radio Coruña-Cadena Ser.
AGOSTO – NON HAI XORNADAS.
SETEMBRO
EMISIÓN DÍA 7
Cociña: Xoanqui Ameixeiras, cociñeiro de “Estache bo” da TVG.
Presenta: Xaquín Pedrido, xornalista e profesor.
EMISIÓN DÍA 14
Cociña:Deborah García Bello,Química e divulgadora cientifica.
Presenta:Pablo Muñoz, xornalista de Telecinco.
EMISIÓN DÍA 21
Cociña: Julio Abalde. Reitor da Universidade da Coruña.
Presenta: Mati Vázquez, xornalista de informativos de TVE.
EMISIÓN DÍA 28
Cociña: Representante,Afundación.Obra Social ABANCA.
Presenta: Antía Díaz. Xornalista e xefa de programas e informativos de Radio Voz.
OUTUBRO
EMISIÓN DÍA 5
Cociña:Javier Rodríguez (Taky) xefe de cociña catering Boqueté de Cambre
Presenta:Moncho Viña, xornalista.
EMISIÓN DÍA 12
Cociña: Xulio López Valcarcel, escritor.
Presenta: Mercedes Prado, xornalista da Radio Galega.
EMISIÓN DÍA 19
Cociña: Borja Quiza, barítono lirico.
Presenta: Pilar Ozores, xornalista de Onda Cero.
EMISIÓN DÍA 26
Cociña: Luis Iglesia, actor.
Presenta: Xaime Arias, xornalista.Director de Proxección Social da CRTVG.
NOVEMBRO
EMISIÓN DÍA 2
Cociña:Héctor López, cociñeiro do restaurante España de Lugo.
Presenta:Reyes Rego, xornalista da TVG.
2
EMISIÓN DÍA 9
Cociña: José Antonio Prado, avogado.
Presenta: Sonia Mella, xornalista e consultora de Comunicación en Ideo Advisors.
EMISIÓN DÍA 16
Cociña: José Antonio Vázquez Taín. Xuiz e escritor.
Presenta: María Nieto, xornalista e escritora.
EMISIÓN DÍA 23
Cociña: María Cadaval, profesora de Economía da USC.
Presenta: Blanca Piñeiro, xornalista e profesora de comunicación e artes gráficas.
EMISIÓN DÍA 30
Cociña: Patricia Méndez, cociñeira e propietaria da “Abuela Manuela” na Coruña.
Presenta: Richi Sandoval, xornalista de RNE.
DECEMBRO
EMISIÓN DÍA 7
Cociña: Fina Castro Graña. Cociñeira, especialista en pratos de aproveitamento e decoradora.
Presenta: Chus Castro, xornalista e delegada na Coruña da APG.