O pasado luns 6 de xuño de 2022, luns de Pentecostés, como en anos anteriores, salvo o paréntese dos anos 2020 e 2021 por culpa do COVID, tivo lugar a Romaría das Pascuillas. Este celebración ten un arraigo excepcional en toda a Comarca do Condado e terras da Cañiza, así como en toda a provincia de Pontevedra. Aínda que a propia festividade da Virxe da Franqueira celébrase o 8 de setembro, as mais de setenta parroquias de toda a comarca acuden cás imaxes da Nosa Señora nas diversas advocacións ou os santos patróns das suas parroquias, ao9s pés da Nosa Señora da Franqueira. Esta peregrinación faixe a pé, saíndo dos seus respectivos lugares a unha hora distinta, según a distancia, para presentarse a Virxe do Paradanta antes da Misa Solemne. Despois desta Misa, os peregrinos xúntanse arredor de excelentes viandas e xantan confraternizando cos seus veciños. Ao remate do xantar, despois de ter reposto forzas, volven aos seus respectivos lugares de orixe para estar perto da noite poñendo a imaxe viaxeira no seu templo.
Este ano, un grupo das nosas parroquias, representando a todos os feligreses e a noso Párroco D. Severino; acudiu a invitación da Virxe de Lourdes de Mondariz Balneario e acompañouna en todo o percorrido, tanto de ida como de volta, así como na Misa solemne, e coa gravación completa desta experiencia compartir cos nosos seguidores este día tan maravilloso. Debido a longa duración da reportaxe, dividiuse a mesma en duas partes: A primeira narra desde a véspera, domingo de Pentecostés, ate a finalización da Misa solemne, aparecendo antes de mesma unhas verbas de saúdo do Párroco – Reitor do Santuario D. Xabier Alonso a todos os parroquianos das nosas parroquias da Coruña. A segunda parte da testemuña da despedida da Virxe de Lourdes da Virxe da Franqueira, baixada da peregrinación, recebemento na Vila de Mondariz Balneario e entrada no Templo Parroquial.
Debido á duración de ambos vídeos, recoméndase velos a anacos para que a visión no se faga pesada.
Tamén estarán subidas a Galería de Fotos desta web algunhas das fotos tomadas neste evento. Se se quere acceder de xeito directo, pinchar na foto exposta antes do párrafo anterior.
Primeira Parte da Peregrinación:
Segunda Parte: