O pasado día 23 de setembro, na Parroquia de Treos (Vimianzo), de forma adiantada á propia data, celebraron a Festa do Patrón “O Arcanxo San Miguel”. Esta noticia, para nos, non tereía moita importancia xa que en Galicia cada pequena aldea celebra a festas patronais de forma solemne. Pero a importancia que lle damos é porque desta parroquia é orixinario o noso Párroco D. Severino. Alí seguen vivindo a maioría dos seus familiares directos (irmáns e sobriños) así como veciños cos que compartiu a sua infancia, ainda que muy novo marchou para iniciarse no Seminario de Santiago na carreira sacerdotal.
Cada vez que o seu traballo llo permite, achégase a sua aldea de Carneo (Treos – Vimianzo) a visitar a sua familia, e se pode, celebrar a Misa na sua Igrexia. Si coincide con algunha celebración como é a Festa Patronal, ainda mellor.
Nestos casos sempre conta coa inestimable colaboración e xenerosidade do seu Párroco D. Alejandro Touriñán, cedéndolle de forma desinteresada a presidencia da Misa solemne e a Procesión.
Por certo, desde estas páxinas felicitamos cordialmente a D. Alejandro pola magnífica restauración do Templo, resaltando de forma especial os tres retablos e o conxunto interior da igrexa.
No seguinte vídeo poden ollar e disfrutar do mencionado nos apartados anteriores.