O Grupo de redacción de Solidariedade cos Maiores, remítenos o terceiro vídeo dunha serie, de periodicidade quincenal, Solidari@s cos Maiores, que nos irá achegando ás diversas problemáticas e temas que afectan a moitísimos colectivos, e en especial ao Grupo dos Nosos Maiores.
Despois dos vídeos: “O Custo da Enexía” e “O Testamento Vital”, o vídeo desta quincena titúlase: “A Doazón de Órganos e Sangue”:
Sen sangue as persoas non podemos vivir. E os hospitais tampouco. Cada día fanse en Galicia 500 intervencións cirúrxicas que precisan sangue. Por iso é tan importante doar sangue, aínda que so sexa unha vez ao ano. O máximo son catro doazóns anuais. Tamen se pode animar a outra xente a que se faga doante, tanto de sangue coma de órganos. A transcendencia da doazón está resumida no que di un dos participantesneste vídeo: “Cando a min me transplantaron, o doante salvou cinco vidas”. E logo apunta que aínda que ese doante morreu, sigue vivo en cada unha desas cinco persoas que viven grazas a él. En algo mais de tres minutos contan como está a doazón de órganos e sangue.