O sábado día 18 de febreiro de 2023, mais de 150 peregrinos das Parroquias de San Francisco Javier, Nosa Señora do Pilar, O Nadal do Señor de Bens, San José e algúns de outras parroquias da cidade da Coruña, capitaneados polo noso Párroco D. Severino, sairon cara ó Santuario da Nosa Señora do Corpiño, na parroquia de Santa Baia de Losón do Concello de Lalín (Pontevedra).
Como noutros anos, facendo parada técnica en Melide, arredor do mediodía chegaron ó Santuario. No mesmo celebrouse a Santa Misa celebrada por D. Severino, coa participación de varios dos asistentes, que despois da cerimonia disfrutou do entorno e compraron diversos obxetos de recordo na tienda. Todo o anterior baixo a sempre acolledora e cariñosa con esta peregrinación do párroco D. José Criado, no que desde estas páxinas queremos mostrarlle o agradecemento dos asistentes aos actos relixiosos.
A continuación, os viaxeiros deron conta dun suculento e sabroso cocido no restaurante Casa Pablo na Goleta (Lalín), Rematou a festa cuns bailes entre os alegres e divertidos comensales, chegando á Coruña ben entrada a noite, cheos de ledicia e satisfacción polas horas vividas neste día de febreiro.
Os que foron ao Corpiño e os que por diversas causas non poideron asistir, poden ollar varios dos momentos vividos entrando na Galería de Fotos ou “cliqueando” nas duas fotos que acompañan o texto, gracias ao traballo do noso colaborador Paco Pardo da Parroquia de San José.