Dentro das políticas parroquias co noso entorno de apertura a todo tipo de colaboraciós, tanto de Entidades particulares como de Institucións Públicas, así como ceder as nosas instalacións parroquiais, temos que resaltar a gran colaboración mútua co Concello da Coruña.
Desde ás colaboracións nos festexos patronais do Pilar e de San Francisco Javier (Corais, Grupos, orquestras…), ate nas organizacións nas ruas de diversas procesións ao longo do ano, esta relación recíproca ten un beneficiario común que son os cidadáns de estes barrios da Coruña como son O Agra do Orzán e O Ventorrillo.
Unha das mais próximas no tempo tivo lugar o pasado 15 deste mes de Marzo co Centro Cívico Boandanza da Concejalía de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadán (SERVICIOS SOCIAIS), que se atopa xusto no Adro Parroquial. Un numerosísimo grupo de usuarios do Centro, no que a gran maioría eran persoas de avanzada idade e con problemas de movilidade, acompañados dos seus coidadores, asistirón no segundo andar das instalacións parroquiais de San Francisco Javier, a un Concerto de unha Rondalla formada tamén por un numeroso grupo de compoñentes, moitos deles tamén maiores, que interpretaron pezas musicais coñecidas polos asitentes, algunhas das cales foron tarareadas e acompañadas con palmas.
O aspecto de este evento poden ollalo nalgunha das fotos inferiores.