Como aparece no cartel anterior, o próximo venres día 16 deste mes de xuño, no Salón de Actos da Parroquia de San Francisco Xavier, terá lugar unha velada poético-musical a beneficio da Cociña Económica desta Cidade. A entrada será gratuita e a recadación íntegra que se logre pola venda do libro será entregada a esta entidade benéfico-social que tamén colabora de maneira xenerosa coas nosas Cáritas Parroquiais.
Neste libro colaboran trece escritores que serán representados neste acto por Carlos Abeledo e Xulio L. Valcárcel, tamén colaborador noso cando se lle pide axuda, que recitarán poemas propios e de algúns dos poetas que forman este colectivo solidario.
O acto será realzado de maneira especial pola música interpretada por Victor Cardoso e Manuel Mosquera, amigos e sempre dispostos a apoiar calquera das iniciativas que se lle propoñan.
Esperamos que os nosos lectores acudan maioritariamente a este acto sabendo que sua axuda será beneficiosa para una boa causa.