O mércores 23 de agosto, mais de cen persoas das parroquias de San Francisco Javier, O Pilar, San José, O Nadal do Señor de Bens e de outras parroquias, participaron nunha excursión lúdica polas terras do Salnés.
Na Illa da Toxa asistiron a unha Misa na Capela “Das Conchas”, presidida por Don Severino.
No grove subiron nun barco que os levou por augas da Ría de Arousa, e no que degustaron mexilóns, tan apreciados nesta Ría, acompañados de viños da zona. Posteriormente , remataron o día cun xantar en terras de Sanxenxo.
Se queren ollar algúns dos momentos vividos gracias ao noso colaborador Paco Pardo, feligrés da Parroquia de San José, non teñen nada mais que entrar na Galería de Fotos ou “cliqueando” na foto infrerior:
Vídeo da Misa na Capela das Conchas na Illa da Toxa
MURAIS NA PARROQUIA DOS MESES DE AGOSTO E SETEMBRO
Como todos os meses, Victoria, María Dolores, Marta e Teresa, nos fan chegar as datas e celebracións mais importantes de cada mes, cuns murais exposto no taboleiro da entrada do Templo e na segunda planta do edificio.
Debido ás vacacións estivais, esta web non puido ofrecer os de mes de agosto que, con retraso, achéganse aos nosos seguidores xunto cos de setembro: