O xoves 29 de febreiro deste ano bisiesto, como case todos os anos, mais de 150 peregrinos das Parroquias de San Francisco Javier, Nosa Señora do Pilar, O Nadal do Señor de Bens, San José de Montealto, e de varias parroquias mais, dirixirónse ao Santuario da comarca do Deza do Corpiño, Ao frente desta numerosísima expedición ian os Párrocos D. Severino Suárez e D. José Manuel Hermida,
Despois dunha breve parada en Melide para tomar un lixeiro almorzo, os expedicionarios foron directamente ao Santuario, onde os sacerdotes concelebraron a Eucaristía, seguida con gran fervor polos viaxeiros.
Á hora do xantar en Casa Pablo, como a fame apretaba, todos deron conta dun extraordinario cocido como se aprecia nas fotos que xentilmente nos enviaron Paco de “San José” e Miño de San Fco. Javier.
Se desexan ver a reportaxe fotográfica completa, poden ollala na sección da Galería de fotos ou “pinchando” directamente en calquera das fotografías que acompañan a noticia.