O venres 14 de xuño, ás 20:30 h tivo lugar no Salón de Actos da Parroquia de San Francisco Xabier unha Velada Poético – Musical a beneficio da Cociña Económica desta Cidade. Esta iniciativa, que xa vai pola cuarta edición, é un proxecto do escritor Carlos Abeledo, que xunto con outros escritores, aportan un anaquiño da súa obra e así editar un libriño titulado “POETAS NA COCIÑA”, este ano xa é o cuarto libro, no que o resultado integro da venda do mesmo (10 €) e entregado na tesorería da Cociña Económica para o seu mantemento, no que leva mis de 100 anos de xeito ininterrumpido, alimentando ás persoas necesitadas que se achegan ás suas instalacións.
Esta Parroquia, ademais de colaborar nesta iniciativa, colabora día a día coa súa Cáritas Parroquial, entregando centos de vales de comida aos necesitados atendidos pola nosa asociación, que os fan efectivos comendo na Cociña Económica.
Este ano 2024 e a segunda vez que a Parroquia participa neste Evento, xa que no ano 2023, por estas mesmas datas, participou na presentación e venda do libro “POETAS NA COCIÑA III”. Para a nosa Comunidade Parroquial é motivo de satisfacción mesturar Poesía e Música con fin Benéfico – Social e Solidario, colaborar na axuda a esta Entidade, recadar fondos para a supervivencia de esta centenaria institución como é a COCIÑA ECONÓMICA.
A parte Poética da Velada, con poemas propios e doutros autores colaboradores do libro, levárona a cabo os Poetas FRANCISCO X. FDEZ. NAVAL E CARLOS ABELEDO MARISTANY. O complemento musical, que realzou grandemente o evento, facendo interpretacións que deron o alto nivel que posuen estes músicos, levouno a cabo o Grupo de Cámara: “ORPHEUS ENSAMBLE San Francisco Xabier”, grupo de nova creación que ten a sua sede nas instalacións parroquiais, e que no comenzo do novo curso 2024-2025, aló polo mes de outubro de 2024, fará a sua presentación oficial cun completo concerto, que será avisado por todos os medios coa suficiente antelación. (Os compoñetes actuais son: Victor Cardoso, Mariana Boedo, Marcos Balado, Pablo Gesto, Fernando Diz Lois, Manuel Mosquera y Adolfo Alemany).
O acto cultural foi presidido polo noso Párroco D. Severino Suárez Blanco e presentado polo colaborador parroquial, Xabier Barrós.
Algunhas fotografías poden ser olladas na Galería de fotos ou “pinchando” en cualquera das tres que acompañan o texto. Ademais, se queren seguer o evento completo, poden facelo no vídeo inferior. O autor das fotografías e o vídeo é outro dos grandes colaboradores parroquias, José Miño, agradecéndolle desde esta web a súa desinteresada aportación.