O venres 21 de xuño de 2024, tivo lugar á clausura de varias actividades parroquias neste período 2023 – 2024.
Na segunda planta dos locais , ande ao final das actuacións tivo lugar un pequeno “ágape” de confraternidade, estaba ubicada a exposición dos traballos pictóricos dos alumnos asistentes a esta actividade dirixida por Benito Paz.
No Salón da Actos houbo tres actuacións. A primeira foi a representación teatral da Obra escrita por Noemí Aedo “Señora Doctora” do Grupo “Portas Abertas” que dirixe tamén Noemí. Os asistentes riron en moitos momentos desta comedia chea de “gags” na que viamos refrexada a situación actual da nosa sanidade.
En segundo lugar, a Agrupación de Pandereteiras “Vento Mareiro”, dirixidas por Charo Fernández Gallego, deu conta dun abundante repertorio de cantigas populares galegas, moitas delas coñecidas e cantadas polos asistentes.
Por último, o Coro Parroquial dirixido por Lita, ,interpretou cancións populares que fixeron, tamén, cantar ao público que con enorme expectación seguiron a velada.
Todos os actos foron presididos polo noso Párroco D. Severino, que lle deu as grazas en nome da Comunidade Parroquial a todos os participantes.
Estos momentos, sempre agradecidos, poden ser seguidos nos vídeos do final da crónica, así como algunhas instantáneas fotográficas, que poderán ollar na Galería de fotos ou “pinchando” nas fotos que aparecen entre o texto.
VÍDEO – PRESENTACIÓN, DA CLAUSURA DAS ACTIVIDADES
======
VÍDEO DA REPRESENTACIÓN TEATRAL DE “PORTAS ABERTAS”
======
ACTUACIÓN DO GRUPO DE PANDERETEIRAS “VENTO MAREIRO”
======
CORO PARROQUIAL NO FESTIVAL DE CLAUSURA DAS ACTIVIDADES 23 – 24