O luns 12 deste mes de agosto, case 150 persoas participaron nunha excursión pola paradisíaca Ría de Arousa. Ao fronte da comitiva ian o noso Párroco D. Severino, acompañado pola Padre Alexander e coa coordinación sempre eficaz de Antonio Castro.
Sairon da Coruña en tres autobuses rumbo a Pontecesures onde subiron a bordo do barco no que navegaron pola Ría de Arosa, desembarcando no Grove. Dende esta bela Vila mariñeira, dirixíronse ata a cercana Illa da Toxa, onde D. Severino e o Padre Alexandre concelebraron na famosa Capela das Cunchas a Santa Misa.
Remataron a mañá cun xantar ode degustaron viandas e viños da terra, finalizando co baile amenizado pola coñecidísima cantante Merchi Treviño, seguido do sorteo de varios regalos entre os participantes.
Debido á desinteresada e sempre magnífica colaboración do noso amigo José Miño, poden ollar na Galería de Fotos algúns dos momentos vividos, ou “cliqueando” en calquera das duas fotos que acompañan a noticia, así com disfrutar co baile e as cancións de Merchi Treviño, en calquera dos tres vídeos que aparecen ao final.