O venres 14 de febreiro, festividade de San Valentín, tivo lugar no Salón de Actos da Parroquia de San Francisco Javier, un acto cultural, lúdico me SOLIDARIO, co fin de colaborar de xeito humilde pero tamén ilusionante de axudar á financiación da Entidade Coruñesa de grande arraigo na nosa Cidade como é a Cociña Económica. A entrada era de balde, e a única aportación íntegra foi a venda do libro POETAS NA COCIÑA V, que a totalidade dos asistentes compraron polo prezo de 10 €. Ademais algunhas persoas aportaron donativos para esta Entidade.
Recitaron poemas propios e doutros poetas que aportaron a sua obra para este libro, os poetas CARLOS ABELEDO (Promotor e impulsor desta iniciativa que xa vai polo quinto libro), Fco. J.(Xisco) Fdez. Naval, Montse Yoldy e Ana Ramil, que na posterior confraternización arredor dunhas viandas e bebidas, asinaron con dedicatoria, unha grade cantidade de exemplares.

A parte musical aportouna o Grupo de Cámara ORPHEUS ENSAMBLE San Francisco Javier, e o Concertino Victor Cardoso, antes de cada interpretación, fixo unha breve explicación didáctica de cada peza para por aos ointes no contexto da obra.
Presidiron este acto, D. Severino Suárez (Párroco e Vicario Episcopal de Coruña), D. Oscar Castro (Administrador da Cociña Económica), e D. Carlos Abeledo (artífice e impulsor da iniciativa POETAS NA COCIÑA). Coordinou e presentou o recital JAVIER BARRÓS (colaborador parroquial nos temas culturais).

Antes do comenzo do recital, D. Oscar Castro dirixiu unhas verbas aos asistentes sobre a Cociña Económica e as suas necesidades, co acompañamento dun vídeo sobre o funcionamento da C.E.
Rematou este acto tan entrañable D. Severino co agradecemento xeral e convidando aos asistentes a un sinxelo refrixerio de confraternización no segundo andar.
Algúns dos momentos vividos e disfrutados poden ser ollados na Galería de Fotos da web ou “cliqueando” en calquera das fotos que acompañan a noticia. En breves días tamén subiremos á web, nesta mesma entrada, o vídeo completo deste recital.
Tamén queremos agradecer desde estas páxinas a colaboración desinteresada para a organización deste evento a JOSÉ MIÑO (fotografías e vídeo), que xunto con Isauro, Pepe Blanco, Amalia e Manolo na intendencia, fixeron posible a boa organización do acto, sustituindo ao noso ANTONIO CASTRO que sempre coordina todas estas actividades, convaleciente dunha reciente operación cirúrxica, pero seguindo sempre as pautas marcadas por este gran colaborador, ao que lle mandamos fortes apertas para que se recupere o antes posible.
VÍDEO DO RECITAL (Evento íntegro)