Como en anos anteriores, mais de 170 pereginos das nosas Parroquias, as que se uniron amigos de outras da nosa Cidade como a de San Josñe de Monte Alto, dirixirónse ao Santuario da Nosa Señora do Corpiño na Comarca pontevedresa do Deza. Ao frente desta peregrinación,como sempre, fdoi o noso Párroco D. Severino, actual Vicario Episcopal Territorial da Coruña e novo Abade da Colexiata de Santa María do Campo, cargo do que tomará posesión o vindeiro xoves 19, festividade de San Xosé, acto ao que están convidados os nosos lectores.
Esta multitudinaria expedición foi coordinada polo incansable Antonio Castro e as fotos que acompañan a noticia, foron realizadas polo noso colaborador José Miño.
Despois de asistiren aá Santa Misa, os asistentes degustaron un suculento cocido no restautrante Casa Pablo, rematando a festa coa música para bailar interpretada polo artista de Abegondo Carlos Manteiga. No transcurso desta celebración festivo realizouse un sorteo dunha viaxe a Fátima no vindeiro mes de abril, recaendo a mesma para a seu uso en Josefa Varela.
Algúns dos momentos vividos durante a Eucaristía no Santuario poden ser olladas na Galería de Fotos ou “cliqueando” nas fotos inferiores.




