O Luns de Pentecostés deste ano 2026, a Parroquia de Nosa Señora de Lourdes, da Moi Hospitalaria Vila de Mondariz Balneario, seguindo a tradición antiquísima de peregrinar ao Santuario da Nosa Señora da Franqueira (Nosa Señora da Fonte), ergueuse moi cedo para sair ás 5:30 h cara ao Santuario, portando a Imaxe da Nosa Señora de Lourdes.
Antes da saída, no Templo Parroquial, tiveron lugar uns rezos e cánticos na honra da Virxe. A primeira parada foi na fonte do Barrio do Pazo, onde unha alfombra floral recibiu aos peregrinos, rezando neste lugar unha oración polos peregrinos falecidos en anos anteriores.
Aos pes do Castelo de Sobroso saudaron as Imaxes das Parroquias que deste lugar farían o camiño xuntos ata a Franqueira, parando de novo diante da Capela de Santa Lucía de Vilasobroso.
As 8:00 h chegaron a Campo do Mouro (Mouriscados) sendo recibidos con repique de campás e música de gaitas pola Virxe do Rosario desta parroquia do Concello de Mondariz.
Despois dunha breve parada para repoñer forzas, os sacrificados peregrinos, xunto con mais parroquias desa ruta de subida, sairon, xa sen descanso, cara o Santuario onde chegaron ás 10:00 h. Neste lugar, baixo unha enorme carpa habilitada para este día, foron recibidos pola cruz, estandarte e imaxe da Virxe da Franqueira.
Ás 12:00 h, unha Misa Solemne presidida polo Bispo da Diócese de Tui – Vigo, foi a antesala da Procesión con mais de 70 imaxes que este ano peregrinaron a este fermoso lugar da Paradanta.
O xantar, os cantos e bailes para celebrar este día, cada parroquia no seu lugar de ubicación para compartiren viandas, puxeron o broche de ouro a esta mañá tan intensa.
O camiño de volta iniciouse as 15:30 h coa despedida da Virxe da Fonte, subida no carro, cun canto da Salve onde as emocións subiron en intensidade no recordo das persoas que xa non estàn con nosco e que nos anos anteriores a sua presenza foi notoria.
De regreso volveuse a parar en Mouriscados, e ao chegaren a Mondariz Balneario, a ruta polo Escobeiro e o Barrio de San Pedro, recibidos con flores, alfombra floral e fogos artificiais polos parroquianos que non puideron asistir á peregrinación, foi o preámbulo da chegada a Igexa Parroquial onde deu inicio esta peregrinación.
Un equipo da web parroquial da Unidade Pastoral coruñesa, acompañou a esta expedición deixando unha testemuña videográfica deste día tan especial para esta Vila pontevedresa.
Entrando na Galería de Fotos ou “cliqueando” as fotos inferiores, poden ollar algunhas das tomas fotográficas realizadas.



====================================
VÍDEO – RESUMEN
