O mércores día 5 de agosto, mais de duascentas persoas pertenecentes ás parroquias coruñesas de San Francisco Javier, Nosa Señora do Pilar e San José de Monte Alto, sairon cara ao Grove para participar nunha excursión marítima pola Ría de Arousa, degustando a bordo mexillóns acompañados co viño desta terra do Salnés.
Despois participaron nunha Misa na Capela das cunchas na Illa da Toxa, concelebrada polo noso Párroco D. Severino Suárez, o Párroco de San José D. José Manuel Hermida e o Padre David.
Esta xornada lúdica tivo colofón cun xantar no Hotel San Tomé, tendo animación musical a cargo do músico de Abegondo Carlos Manteiga, rematando con sorteos de diverso regalos entre os asistentes.
Na Galería de Fotos, gracias ao traballo do noso colaborador José Miño, poden ollar momento dos tres actos (Barco, Misa e Xantar). Tamen poden acceder de xeito directo “pinchando” calquera das fotos inferiores.






