PEREGRINMACIÓN AO SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DE PASTORIZA
O sábado 24 de outubro, un animoso grupo de camiñantes da Unidade Pastoral e de amigos da Parroquias, sairo diante do Centro de Especialidades do Ventorrillo cara ao Santuario da Nosa Señora de Pastoriza, que é honrada especialmente no mes de outubro.
Ao chegaren arredor das 13 horas ao Santuario, foron recibidos con agarimo polo Párroco D. Manuel Blanco e o seu gran colaborador Carlos Velo. Posteriormente chegou o noso Párroco D. Severino que concelebrou a Misa co seu Vicario Parroquial D. Enrique, e que non puido acompañar aos camiñantes por reunións ineludibles en Santiago de Compostela. Na homilia fixo unha detallada historia, incluidas as lendas, deste Santuario e o motivo da devoción que lle teñen na Coruña e arredores a esta advocación Mariana.
Ao remate da cerimonia, uns 40 peregrinos reunirónse para xantar na Parrillada Fuentes de Meicende.
Algúns instantes de este evento poden ser ollados na Galería de Fotos ou “pinchando2 nas tres fotos inferiores.



==========================================
PRESENTACIÓN DA COMISIÓN DE FESTAS DE SAN FRANCISCO JAVIER
O domingo 25 de outubro, durante a celebración da Misa das 11:30 h, foron presentados co toda solemnidad os compoñentes da Comisión de Festas Parroquiais de San Francisco Javier, presidida, como en anos anteriores por D. ANTONIO CASTRO VÁZUEZ.

Completan a Comisión: Tesoureiro: D. José Miño Orgeira,
Vocais: D. José Blanco Iglesias, Dª Aurora Mosquera Fernández, Dª María Garea Fidalgo, Dª María Mata Seijo, Dª Azucena Brocos Vidal, Dª Pilar Vidal Prado
