Con inmensa ledicia recibiremos o vindeiro venres día 27 de decembro na nosa Parroquia, ao Ilustre lexicógrafo, filólogo, etnógrafo, especialista en toponimia e onomástica, así como en historia e arte, D. ELIXIO RIVAS QUINTAS, co fin de impartir unha conferencia sobre a súa obra e vida dedicada a Galicia e á vida sacerdotal como “Hermano Paúl” da Orde dos PP.Paúles.
Compartindo totalmente o seu lema que figura no comenzo da información, estamos orgullosos desta visita. Non é a primeira vez que nos regala parte dos seus coñecementos. Xa o fixo noutras ocasións para instruirnos sobre diversos temas, como a Toponimia ou O Camiño de Santiago, do que tamén é especialista. Nesta visita tamén aproveitará para presentarnos seus últimos traballos sobre “O LÉXICO RURAL DO NOROESTE HISPANO”. Estos traballos constan de 24 títulos nos que figuran, entre outros, temas tan atraíntes como: A casa Rural – A cociña -Labranza e ferramenta manual – Pan , sega e malla – Oficios – Mel, cera e aceite – A videira e o viño – O castiñeiro e as castañas – Natureza, toponimia e fala – Xogos e enredos – etc. Se alguén está interesado en adquirir algún libro, procuraremos que a Libraría Couceiro, que ten toda a colección, expoña os textos no lugar da conferencia.
Neste acto tamén queremos facerlle un pequeno recoñecemento a súa laboura e atencións cara as persoas desta parroquia e amigos da mesma, xa que ademais de visitarnos cando llo demandamos, foi un guia excepcional na nosa visita as terras ourensanas no ano 2005.
A hora do acto será ÁS 20:30 do venres 21. Este acto servirá, ademais, de felicitacións e parabens polas próximas festas do Nadal. A entrada será libre, e desde estas páxinas animamos aos lectores que conviden ós seus amigos, xa que non se verán defraudados de escoitar a unha persoa “sabia”.
ELIXIO RIVAS QUINTAS (HOMENAXE-CONFERENCIA)(Venres 21 de decembro)
Publicación anterior