O venres 21 de Decembro, como antesala das festas navideñas, na Parroquia de San Francisco Javier, impartiu unha conferencia sobre a súa última obra, o relixioso dos PP.Paúles D.ELIXIO RIVAS QUINTAS. Neste acto, o prestixioso profesor, lingüista , etnógrafo galego, e gran amigo desta comunidade parroquial, nado nas terras ourensans de Xunqueira de Ambía hai 87 años, cun traballo resaltabel nos campos da lexicoloxía, onomástica e toponimia, presentounos a obra: “O LÉXICO RURAL DO NOROESTE HISPANO”. Esta obra grandiosa consta de 24 volúmes nos que trata en profundidade temas tan variados como A casa rural – A cociña – Labranza e ferramenta manual – O carro e a carreira – Pan, sega e malla – Tear, tecidos e complementos – O muiño – Oficios – Mel e cera, aceite – A videira e o viño -O ano festeiro – Xogos e enredos, etc.
O acto, presidido polo noso Párroco D. Severino, tamén serviu de homenaxe a súa figura. Sumaronse mediante sendos escritos, que foron lidos no mesmo, o poeta Xulio L. Valcárcel e o Catedrático de Lingua Galego-Portuguesa da Universidad de A Coruña Xosé Ramón Freixeiro. Este profesor comunicounos que esta obra é un “auténtico monumento lingüistico, etnográfico e cultural que pasa a facer parte substancial do noso patrimonio histórico” “porque se o patrimonio material é importante, non o é menos o patrimonio inmaterial que representa o conxunto da obra de D.Elixio”.
Noutros parágrafos chega a comparalo con figuras ilustres como Murguia, Viqueira, Lugrís Freire,Castelao ou Otero Pedrayo, terminando con “o mais sincero aplauso e o meu agradacemento para un home sabio, bo e xeneroso que tanto contribuíu a nos facer mellores”.
En términos similares referiuse a súa figura Xulio López Valcárcel. Ao finalizar o acto, no que estiveron presentes varias decenas de personas, e ao que tamén asistiu o Catedrático da Universidade de Santiago, e hasta hai pouco tempo Presidente da Academia Galega, D.Xosé Ramón Barreiro, D. Elixio firmou varios exemplares da súa obra e compartiu cos asistentes unha animada conversa na que se intercambiaron experiencias sempre enriquecedoras.
Desde estas páxina queremos deixar constancia do agradecemiento dos asistentes ao “Irmán Rivas” por ternos honrado coa súa presenza na nosa cidade, sempre amante da cultura e das persoas xenerosas.
Se queren ver algúns momentos mais do acto, poden “pinchar” en:Galería de fotos(Homenaxe a D.Elixio)