O vindeiro xoves 25 de abril temos a sorte de que nos faga unha visita o recoñecido e admirado Catedrático de Electromagnetismo da Facultade de Físicas da Universidade de Santiago de Compostela, Jorge Mira. Este gran divulgador da Ciencia, dará unha conferencia no noso salón de actos ás 21:15 h, seguida dun coloquio, no que nos achegará ainda mais á Ciencia e a súa relación coa Fe.
Jorge Mira é dos que cren que, na divulgación da ciencia, «calquer tempo pasado foi peor», porque «hoxe en día hai moitos divulgadores e moi bos». Jorge, director do departamento de Física Aplicada , tamén é un deles, sendo dos pioneiros, ao menos en Galicia. Leva quince anos compatibilizando a súa labor docente e investigadora coa de divulgación, polo que foi recoñecido con varios premios galegos nacionales, entre eles o da Sociedadade Española de Física. É o terceiro galardón a nivel nacional, xa que con anterioridadade gañou a “Medalla de Honor Ciencia en Acción (2010)” e o “Premio Savirón (2011)”.
Tamén foi o gañador do certame na modalidadade de ensenanza e divulgación científica pola «sólida labor pedagóxica de gran calidadade e a súa destacable actividadade no campo da divulgación científica», según recolle a acta do xurado, que tamén destaca a súa ampla traxectoria en programas de «gran prestixio e difusión» en prensa, radio e televisión.. No su currículum como divulgador, como director do programa “ConCiencia” trouxo a 29 premios Nobel a Santiago nas súas oito edicions. Tamén é autor do libro “A ciencia no punto de mira”.
Animamos a todos os lectores a que acudan a esta conferencia xa que non se verán defraudados.
CONFERENCIA-COLOQUIO DO FÍSICO JORGE MIRA
Publicación anterior