O venres día 26 deste mes de Abril, ás 20:15 h, recibiremos, coa cosideración que se merece, ao Ex Presidente da Real Academia Galega (dende decembro de 2011 ata decembro de 2010) e Catedrático Emérito de Historia Contemporánea da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, D. XOSÉ RAMÓN BARREIRO FERNÁNDEZ.
O motivo da súa visita a esta humilde parroquia, é achegarnos a “HISTORIA DA CORUÑA” da que xa ten publicado un libro no ano 1996. Para todos os compoñentes e amigos desta parroquia, con D. Severino ao frente, é unha honra telo entre nos e poder escoitar as súas verbas que nos situarán no proceso de evolución da historia propia desta querida, por todos nos, Cidade da Coruña.
Sería extensísimo relatar todo o curriculum deste egrexio home galego nado en Santa Uxía de Ribeira, pero, entre outros méritos, poderíamos destacar os títulos de Doutor en Dereito Canónico pola Universidade Canónica de Roma, Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago, sendo Catedrático de Historia Contemporánea dende o ano 1987 ata hoxe. Entre monográficos, obras colectivas e artigos, publicou cerca de 400 traballos sobre diversos temas relacionados coa historia.
Ademais de diversos cargos académicos, é Académico Numerario da Real Academia Galega, Membro Numerario do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses, Membro fundador do Seminario de Estudos Galegos. Membro do Consello de Cultura Galega, Académico correspondente da Real Academia da Historia, Presidente do Padroado da Fundación Rosalía de Castro e do Padroado da Fundación Otero Pedrayo etc. etc.
No ano 1991 foi Medalla Castelao que é a máxima condecoración do Goberno Galego.
Por todo o anterior, dende aquí aconsellamos a todos os interesados en ter mais información, rigurosa pero magníficamente exposta, da historia da nosa Cidade, que non dubiden en pasarse polo noso salón de actos. A conferencia paga a pena.
APROXIMACIÓN Á HISTORIA DA CORUÑA POR D.XOSÉ RAMÓN BARREIRO FERNÁNDEZ
Publicación anterior