Os días 11 e 12 deste mes de Outubro terán lugar no Barrio do Ventorrillo (Parroquia da Nosa Señora do Pilar) as festas patronais da Parroquia.
O mércores 9, o xoves 10 e o venres 11, as oito da tarde, durante a Misa, estase celebrando o Tríduo na honra da Nosa Señora. O sábado 12, festividade da Virxe do Pilar, ás 9, 10 e 11 haberá misas, rematando ás 12:30 coa Misa solemne. Despois da Misa, unha procesión, coa imaxe da Virxe, percorrerá as rúas do barrio. Coa misa das 8 do serán rematarán as celebracións relixiosas do día.
O domingo 13, na Misa das 12:30 h, farase unha ofrenda froral a Nosa Señora do Pilar da Casa de Aragón na Coruña. Na celebración participarán o grupo musical e de baile desta casa rexional.
Esta misa servirá para facer a inauguración oficial da Catequese das Parroquias do Pilar e de San Francisco Javier do curso 2013-2014.
Estas ceremonias relixiosas serán complementadas coas festas na rúa. O venres e sábado, as orquestas Zenit e Versalles amenizarán as verbenas que comenzarán as 10 da noite. Tamén o Grupo de gaitas “Os Viqueiras” animarán os recunchos do barrio coas pasarruas, e a “Banda Municipal de Música” ofrecerá un concerto matutino no adro da igrexa o mesmo día 12.
Aproveitando esta información, recordamoslle a todos os fegreses da Parroquia, que todolos días da semana hai misa as 8 da tarde, que cando cambie a hora oficial no último domingo do mes de outubro pasará a ser celebrada as 7 da tarde.Os domingos haina ás 10 e as 12:30.
Desde estas páxinas ¡¡FELICES FESTAS PARA TODOS!!
FESTAS DO PILAR (11-12 e 13 de Outubro de 2013)
Publicación anterior