Xa se atopan a disposición de todos os interesados, algunhas fotos feitas polo noso colaborador da Parroquia de San José, Paco, para recordo dos asistentes a este Santuario Mariano, que como os anos anteriores, e sendo fieles á tradición, os devotos das Parroquias de San Francisco Javier, Nosa Señora do Pilar e San José fixeron a viaxe a terras do Deza.
O sábado 9 de novembro, facendo frente aos pronósticos meteorolóxicos que non auguraban un día plácido, mas de 150 peregrinos das tres parroquias, sairon cara a este Santuario, encabezados polos seus párrocos D. Severino e D. José Manuel. Chegados aló, despois dunha parada técnica en Melide, que concelebraron a Santa Misa na Igrexa do Santuario.
Despois do acto litúrxico, deron boa conta dun extraordinario xantar en Casa Pablo de Agoleta (Lalín), rematando cos bailes de todos os anos antes do regreso a nosa cidade, cheos de ledicia e bo ánimo para encarar o outono e o inverno que se nos veñen enriba.
Como sempre, quen queira disfrutar ou copiar algún destes momentos, pode facelo entrando directamenta na Galería de fotos ou “pinchando” na foto inferior.