Como xa anunciamos á organización nestas páxinas, vense de realizar, con total éxito de participación, con amigos das parroquias de San Francisco Javier, Nosa Señora do Pilar e San José, como se ve na foto superior, a excursión á Ribeira Sacra do río Sil, facendo a parada inicial na capital desta Ribeira, Monforte de Lemos. Nela visitouse o “Escorial de Galicia”, na actualidade Colexio dos PP.Escolapios (Nosa Señora da Antiga), un edificio de estilo herreriano dos séculos XVI-XVII, con dúas ás perfectamente simétricas e unha igrexa central cunha xenerosa cúpula rematada en lanterna. A súa construción foi iniciada polo cardeal Rodrigo de Castro no 1593. Actualmente, é o Colexio dos Pais Escolapios e alberga unha sobranceira pinacoteca na que as xoias máis prezadas son as obras de EL GRECO.
Tamén tivo lugar unha visita ao Mosterio Bieito de San Vicente del Pino, cunha igrexa monacal, de portada renacentista e interior gótico de transición, ten unhas elaboradas bóvedas, e nun dos seus laterais, un coro con órgano de estilo barroco. Destacan as imaxes de Santa Ana coa Virxe e o Neno, e un baixorrelevo de orixe románica. Actualmente, gran parte do edificio monacal alberga o Parador de Turismo de Monforte de Lemos. A torre de homenaxe construída entre os séculos XIII e XV, era o edificio máis importante dentro do castelo, xa que nela celebrábanse as Cerimonias da Homenaxe, rito que unía ao señor co seu vasalo. É unha atalaia de 30 m. de altura, 13 m. de lado e muros de 3 m. de grosor.A torre e a muralla da fortaleza medieval sufriron importantes danos durante a Gran Guerra Irmandiña, (1467-1469) e foron reconstruídas unha vez finalizados os enfrontamentos.
Despois de xantar espléndidamente, tomouse rumbo cara a Doade, onde os participantes “abordaron” o catamarán da Deputación de Lugo para contemplar as marabillosas paixases e os viñedos cheos de acios, unhas semanas previas a vendima destes famosísimos viños a beira do río Sil. Despois de dúas intensas horas de grandes sensacións para os sentidos, desembarcouse para dirixirse a unha afamada adega da zona, degustando estes caldos de elevada calidade dentro dos viños galegos e españois.
Moitos instantes deste día poden sen contemplados na Galería de fotos desta páxina, sen mais que “pinchar” na foto que encabeza a noticia. O traballo fotográfico e obra dos “amigos” Fernando de Lapuente e Francisco Pardo.
EXCURSIÓN Á RIBEIRA SACRA DO RÍO SIL
Publicación anterior