PARROQUIAS DE SAN FRANCISCO JAVIER E NOSA SEÑORA DO PILAR
NOITEBOA
O mércores día 24, na Misa da tarde, que será solemne, felicitaremonos o Nadal, daremos o bico ao Neno Xesúspedindo a Paz para todos, para retirarmonos cada un aos nosos fogares e compartir coa familia a cea desta noite especial.
BELEN VIVINTE
Como en anos anteriores, o 25 de decembro, DÍA DE NADAL, NA MISA DAS 11:30, será escenificado o Belén Vivinte polos nenos de Catecimos, os seus pais e nais e os catequistas. Deste xeito vivirase con maior intensidade o Misterio da Salvación.
Na Parroquia do Pilar a escenificación será na Misa das 12:30 h.
FESTIVAL DE NADAL
O luns día 22, as 17:30 h, no Salón de Actos Parroquial de San Francisco Javier, terá lugar un encontro festivo, con proxeccións sobre o Nadal, escenificacións dos nenos de catecismo, e canto de panxoliñas.
Este acto abrangue aos nenos e catequistas das dúas Parroquias: San francisco Javier e Nosa Señora do Pilar.
FESTA DA SAGRADA FAMILIA
O día 28 de decembro celébrase a festividade da Sagrada Familia. A noso Nadal non se comprende sin a familia que é divina e humana. Dios é familia. O home non pode ser sen familia. O Deus-Home será sen dúbida familiar.
Deus non se manifestou baixando de Ceo como unha estrela, ou como un raio, senon nacendo de muller e protexido por un pai. De tal xeito que o nome de Xesús irá acompañado co de María e Xosé. Eles son os compoñentes da Familia Sagrada.
É desexo de nso Sr.Arzobispo celebrar con todas as familias da Diócese a Eucaristía na Catedral de Santiago o domingo día 28 ás 6 do serán.
Los que deseen participar que se anoten en la parroquia y si hacemos grupo se pone un autobús.
________________________________________________________________________________
Para todos os nosos lectores:
¡¡BO NADAL!!
¡¡FELIZ DESPEDIDA DE ANO E MELLOR ENTRADA NO ANO NOVO!!
ACTOS E ACTIVIDADES NO NADAL 2014
Publicación anterior