Con profundo dor, ainda que esperada pola sua idade e as derradeiras doenzas, recibimos onte a noite a mala nova do pasamento do Hermano Rivas, amigo das nosas parroquias, e desde hai moitos anos colaborador fiel e sempre disposto a facernos chegar a sua sabiduría en temas como a Etnografía, Onomástica e Toponimia, entre outros espazos do saber que daba conta nas suas publicacións feitas durante sua longa pero fructífera vida.
Mais adiante iremos publicando fotografías, vídeos e comentarios das suas visitas a esta Cidade, así como unha homenaxe no Salón de Actos Parroquial,pero hoxe, debibo a premura do tempo transcurrido desde o seu falecemento, so imos publicar as liñas e os enlaces a outras noticias sobre o Insigne Galego, publicadas polo Xornal “La Región” de Ourense, ao que desde esta humilde páxina lle agradecemos a dedicación tida sempre co noso “Sempre Amigo” Don Elixio:
O misioneiro paúl Elixio Rivas faleceu onte en Salamanca ós 97 anos de idade. Nado no concello de Xunqueira de Ambía no ano 1925, foi, ademais de sacerdote, profesor, etnógrafo e lingüísta, disciplina na que se dedicou fundamentalmente á onomástica, etnolingüísta e a etimoloxía.
Membro da Comisión de Toponimia de Galicia dende 1978, e membro correspondende da Real Academia de Historia, da súa man saíu unha extensa produción de libros e artigos que recolleron o seu intenso traballo, e que lle valeron recoñecementos como a Medalla de Ouro da Deputación de Ourense en 2019 e a Medalla Castelao no ano 2000, só por mencionar os de maior entidade.
Era ben novo cando deixou os apeiros de labranza e marchou estudiar ó Santuario dos Milagres un 11 de setembro de 1936, cando tiña 11 anos, en plena Guerra Civil. Logo viaxou a Santander, ó colexio San Vicente de Paúl de Limpias, e posteriormente completou a súa formación entre Murguía (Álava) e Madrid.
Pero tivo que volver a Galicia con 17 anos, cando a falta de comida da posguerra fixo que enfermara. Debeu volver á Limia xa coa ausencia do seu pai, que falecera cando Rivas tiña 14 anos. Cando se repuxo da súa doenza, solicitou ir como misioneiro a India, formando parte dos proxectos que alí ten a Congregación dos Paúles. Non foi posible porque aínda estaba débil, polo que viaxou ó Reino Unido para aprender inglés nunha estancia que durou nove anos. Despois foi trasladado a Cuba en 1955, cando tiña 31 anos, ata que tivo que saír abruptamente en xuño de 1961 tralo triunfo da Revolución Cubana.
Aí foi cando volveu a España, previas paradas en Miami e Porto Rico. Asentou en Marín, exercendo como mestre na escola San Narciso durante 21 anos. Foi entón cando a súa vida cambiou. Xa con 45 anos decidiu matricularse na Universidade de Santiago de Compostela para estudar a disciplina á que era aficionado, a Filoloxía Románica.
Probou sobradamente a súa sabedoría coa súa tese doutoral, na que trataba a toponimia de Marín; e co seu libro “A Limia”, polo que recibiu o Premio Otero Pedrayo en 1980 e que recolle a historia e antropoloxía da comarca. Son só dúas obras da vasta produción que deixou tras de si. Tamén concibiu o Léxico Rural de Galicia, un compendio de 25 libros nos que estuda a etnografía e a vida diaria da comunidade.
Outro dos seus grandes méritos foi a súa ardua labor para recuperar a ruta xacobea do Camiño Mozárabe (tamén coñecida como Vía da Prata), froito do seu interese pola peregrinación, que profesou dende que en Inglaterra camiñou catrocentos quilómetros á basílica de Nosa Señora de Walsingham. Non en van, foi o primeiro presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Galicia, fundada en 1992.
A capela ardente estará instalada no Santuario dos Milagres, e abrirá hoxe a partir das seis da tarde. O funeral terá lugar no mesmo sitio na xornada do luns, sendo oficiado ás once da mañá.
===
===
Elixio Rivas, historia viva
https://www.laregion.es/articulo/allariz/elixio-rivas-historia-viva/202111281830251086187.h
===
Premio a Elixio Rivas pola súa colección etnográfica do Santuario dos Milagres
====
Elixio Rivas medalla de ouro da provincia de Ourense
===
Elixio Rivas, un marabilloso acerto
====================================================================
La Voz de Galicia, en su edición de Ourense, también se hace eco de esta triste noticia:
La provincia de Ourense despide este domingo al que ha sido uno de sus grandes investigadores. Eligio Rivas Quintas ha muerto a los 97 años, dejando tras de si un valioso legado que le hizo merecedor en vida de distintos reconocimientos, el más reciente la medalla de oro de la provincia, que concede la Diputación.
Regístrate gratis y recibe cada mañana en tu correo las principales noticias del díaREGISTRARME
Nacido en 1925 en Fondo de Vila (Xunqueira de Ambía), Eligio Rivas, religioso perteneciente a la orden de los Padres Paúles, se licenció en Filología Románica en la Universidad de Santiago en el año 1975, doctorándose cuatro años más tarde en esa misma materia. Especialista en toponimia, su tesis de doctorado sobre ese campo y sus trabajos de investigación etimológica son un referente en los estudios universitarios. Rivas fue miembro de la comisión de toponimia de la Xunta de Galicia desde 1978 y fundador y presidente de la Asociación Gallega de Onomástica de la Universidad de Santiago. También fue miembro de la Real Academia de Historia.
Durante su larga trayectoria vital, en la que nunca dejó de investigar, fue reconocido con premios como la Medalla Castelao de la Xunta y entre sus proyectos destaca la restauración de la ermita de San Mamede, la creación de un aula de la naturaleza en O Caudilllo o los trabajos en favor de la restauración del camino mozárabe. En julio del 2018 el Concello de Xunqueira de Ambía lo nombró hijo predilecto, reconociendo así sus investigaciones sobre esa ruta de la Vía de la Plata, que contribuyeron a la puesta en valor de la comarca en la que nació.
En abril del 2019 Eligio Rivas recibió de manos del presidente de la Diputación la medalla de oro de Ourense, en reconocimiento de una trayectoria que se tildó de «ejemplar», y en la que destacan hitos como sus extensas investigaciones sobre el léxico rural del noroeste peninsular o su libro A Limia. José Manuel Baltar, presidente de la entidad provincial, hizo público su pesar por la muerte de Rivas y transmitió sus condolencias. «É unha figura fundamental desta provincia, á que axudou a súa propia autocomprensión grazas a unha vida completamente adicada á investigación» afirmó, reconociendo los hallazgos de un hombre «tan valioso polo seu coñecemento como pola súa profunda dimensión humana».
====
O Xornal La Región, el día 27, festividade de San Vicente de Paul, qué casualidade!, publicou na primera plana e en páxinas interiores, a noticia do seu funeral e soterramento nos Milagros: