O domingo día 9 de Maio de 2010 celebrarase por sexto ano consecutivo o día da Parroquia. Este acontecemento tan sinalado creouse co fin de aunar esforzos para conseguir entre todos facer unha Parroquia con vida puxante e activa.
Os actos deste ano serán semellantes aos de anos anteriores. Ás 13:00 h terá lugar a Misa Solemne, onde a colecta da mesma será para amortizar as deudas contraídas coas obras parroquiais do novo templo e locales anexos.
Ás 14:30 h, no restaurante “FONTENOVA”, á comida de confraternización entre os parroquianos e asistentes que se queiran unir a esta festa fará solidificar os lazos de unión entre todos. No transcurso da mesma faránse sorteos de regalos entre os participantes.
Todas as persoas que desexen participar no xantar, deberán anotarse na Parroquia antes do xoves día 6 de Maio, abonando nese instante o prezo do mesmo.
Desde estas páxinas animamos á participación de todos os feligreses e amigos da Parroquia.
6º DÍA DA PARROQUIA
Publicación anterior