Un ano mais, e van oito, con total solemnidade e gran asistencia de feligreses e amigos desta parroquia, o domingo 15 de Abril tivo lugar esta celebración relixiosa e festiva para conmemorar o inicio do uso das novas instalacións parroquiais e o magnífico templo, que gracias a o esforzo de moitísima xente, co noso Párroco D. Severino ao frente, temos a sorte de disfrutar dende hai oito anos.
A Misa solemne das 13 h, realzada cos cantos do noso coro, foi o comenzo desta celebración tan entrañable no noso calendario parroquial. Despois da mesma, mais de duascentas persoas, entre fegreses, amigos da parroquia e sacerdotes, deron conta dun xantar no restaurante “Fontenova”. Durante os postres e na sobremesa, repartíronse entre os asistentes múltiples regalos donados por casas comerciais e obras de arte de amigos da nosa comunidade. Un grupo musical amenizou esta entrega de presentes e animou o baile co que se pechou esta xuntanza de fraternidade e camaradería.
Varios momentos gráficos deste día poden ser vistos na galería de fotos desta páxina.
CELEBRACIÓN DO 8º DÍA DA PARROQUIA (15-Abril-2012)
Publicación anterior