Con gran asistencia de público e animados debates ao remate das mesmas, o xoves 25 (Jorge Mira) e o venres 26 (Xosé Ramón Barreiro) de abril, tiveron lugar as conferencias do Catedrático de Física Aplicada da Universidade de Santiago, D. Jorge Mira, e do Catedrático Emérito de Historia da mesma Universidade.
O primeiro deles tratou un tema complicado como é a relación da Ciencia coa Fe, que a través da evolución do Universo e a súa formación, chegamos a un punto de non poder explicar exactamente cal é a xénese da nosa existencia, tendo que votar man da existencia dun ser supremo. Acompañou a súa exposición con traballos en pantalla para facer máis entendibles as teorías científicas que avalan os critérios de desenvolvento do noso mundo.
O segundo dos conferenciantes, de maneira totalmente cercana e sinxela e magníficamente narrada, aproximounos a historia da Cidade da Coruña desde a súa fundación ata os nosos días. Algunhas anécdotas e curiosidades fixeron a conferencia totalmente entendible e amena, queixandose algún dos asistentes na súa intervención no debate do corta que lle pareceu polo ben que o estaba pasando. O Ex Presidente da Real Academia Galega, ao rematar o acto firmou algúns exemplares da Historia da Coruña, edición totalmente agotada, que levaban os asistentes ao acto.
A ambos personaxes, cada un deles no seu ámbito, a Parroquia, en sinal de agradecemento, entregoulles un recordo conmemorativo da súa visita, realizado pola artista coruñesa Julia Ares.
Nas fotografías que máis abaixo aparecen vense algúns momentos dos dous actos, que para a Parroquia supuxeron uns días importantes na historia, aínda pequeniña, de esta Comunidade Parroquial.