O vindeiro luns día 30 do mes de decembro, terá lugar o derradeiro concerto do ano a cargo do QUINTETO DE CÁMARA DE PULSO E PÚA, DA CORUÑA: “CAMERATA”.
Interpretarán durante unha hora aproximadamente pezas musicais para guitarra, bandurria e laud de todos coñecidas, que farán ao espectador sentirse gratificado pola música.
A hora de comenzo do recital musical será ás 20:15 h no Salón de Actos da Parroquia.
Con este concerto, o Párroco, D. Severino, intentará felicitar a entrada do “ano novo” cos mellores desexos de paz e prosperidadade para todos os seus feligreses a para todos os amigos da parroquia que nos queiran acompañar. No futuro intentarase que o “Concerto” de “Fin de Ano” poña o colofón a este mes y a todo o ano de intensa actividade. Animamos a todos os que poidan acercarse ao Salón Parroquial a que o fagan. Non quedarán defraudados.
¡¡FELIZ E PRÓSPERO 2014!!
CONCERTO DE FIN DE ANO NA PARROQUIA DE SAN FRANCISCO XAVIER
Publicación anterior