O sábado día 15 de marzo, no Salón Parroquial da Parroquia de San Francisco Javier, tivo lugar un concerto solidario no que o Grupo “PASCUA DE AROUSA” presentou o último traballo “GRAZAS”. O diñeiro recadado pola venta do CD estivo destinado íntegramente para “Cáritas”. Esta venta foi especial, xa que o prezo era posto polo adquirente de forma totalmente libre e voluntaria.
O numeroso público asistente, disfrutou durante mais dunha hora coas cancións debulladas por este magnífico grupo formado por compoñentes de varios lugares de Galicia. O entusiasmo foi tal que tiveron que agasallar aos presentes con varios “bises”.
No remate do concerto, o Párroco, D. Severino, agradeceulles o altruismo e a xenerosidade do seu traballo, posto ao servizo dos mais necesitados, acordando repetir a experiencia en próximas datas. Nas fotografías adxuntas pódense ver uns momentos da actuación.