O mércores 29 de decembro, nos Salóns Parroquiais de San Francisco Javier, O Coro Parroquial, dirixido por Lita, e o Grupo de Cantareiras que ensaian na Parroquia, quixeron felicitarnos O Nadal do Señor co que mellor saben facer. Porque as cancións son unha forma humana de rezar e unir mais á xente coa que compartes a amizade e o compañerismo.
As suas actuacións foron moi aplaudidas polas persoas que se animaron a acompañalos nestas datas tan familiares.
Algúns dos momentos vividos poden ser ollados na Galería de Fotos da web, ou pinchando na foto inferior. Tamén poden ver e escoitar tres vídeos de moi curta duración, que servirán de felicitación aos nosos seguidores e amigos.
BO NADAL!!! e PRÓSPERO ANINOVO 2022!!!