O sábado día 19 de Outubro, un grupo moi numeroso das Parroquias de San Francisco Javier e San José, saiu de excursión cara á Vila asturiana de Grandas de Salime. Nesta bonita vila regada polo río Navia, visitaron o Museo Etnográfico, un dos mais importantes de España. Despois da visita, asistiron á Misa concelebrada polos párrocos, D. Severino e D. José Manuel na “Colegiata del Salvador”, igrexa de estilo románico que xurdiu ao aveiro do Camiño Primitivo de Santiago.
Os viaxeiros, na hora do xantar, deron boa conta dunha suculenta fabada asturiana, completada con carnes e postres do lugar.
Pola tarde, de regreso á Coruña, pararon na capital da montaña occidental luguesa, A Fonsagrada, onde percorreron a Vila e visitaron o Museo Etnográfico, mais modesto que o asturiano, pero tamén magnífico.
Facendo “click” na foto que completa a noticia, poden mirar algúns momentos deste día tan espectacular, nas fotos feitas por Paco Pardo e José Luis Blanco, aos que destas páxinas agradecemos o seu traballo.
Tamén, é de salientar o eco que tiveron estas visitas na prensa local. Mais abaixo poden observar a noticia aparecida no xornal EL PROGRESO do luns 20 de outubro:
EXCURSIÓN A GRANDAS DE SALIME E A FONSAGRADA
Publicación anterior