O luns día 9 de outubro deu comenzo na Parroquia do Pilar o TRIDUO en honor a Virxe, rematando o xoves día 12 cunha Misa solemne ás 13 h. Ao rematar a mesma, a imaxe da Nosa Señora do Pilar percorreu as ruas do barrio acompañada por un grandísimo número de fieis e devotos.
Nos días do triduo na que o coro parroquial realzou estos actos, ao remate de cada misa, houbo diversas actuacións musicais. O luns a CUARENTUNA, o martes a TUNA DE VETERANOS e o mércores a CORAL SANTO ANGEL da Policia Nacional. Nas Misas do día da Patrona, na das 11 cantouna o Coro da Parroquia de San Francisco Javier, e a das 13 h o Coro Parroquial do Pilar. Esa mesma tarde, as seis, A Trova Galega deu un recital da súa música. Todas as actuacións foron seguidas por un gran número de persoas.
Durante o fin de semana seguiu a festa na rua con verbenas amenizadas por afamadas orquestras.
Desde estas páxinas queremos facer constar o noso agradecemento a todas as persoas que dalgún xeito colaboraron na organización destes eventos, que sen a súa axuda sería case imposible levalos a cabo.
Se queren ollar algúns dos momentos das actuacións musicais que tiveron lugar no templo, poden “pinchar” cada unha das fotos que retratan estes recitais.
FESTAS NA PARROQUIA DO PILAR
Publicación anterior