La luz de Belén llegó este domingo día 22 de diciembre, antevíspera de la Nochebuena, durante la Misa de las 11:30 h a la Parroquia de San Francisco Javier, de las manos de los SCOUTS. Varios momentos de la recepción pueden ser vistos en la Galería de fotos o «cliqueando» en la foto adjunta

Luz da Paz de Belén
Un ano máis os scouts repartimos a Luz da Paz de Belén para toda a Diocese de Santiago de Compostela, pero que é iso da Luz da Paz de Belén? O proxecto da Luz da Paz de Belén comezou a organizalo a televisión pública austríaca, dentro dun programa social denominado «Luz na escuridade», dedicado aos nenos e nenas con necesidades, tanto en Austria coma no estranxeiro.
En 1990 os scouts e guías de moitos países asinaron un acordo para permitir que a Luz viaxase por Europa e América. Mediante este acordo cada ano un neno scout do norte de Austria recolle a luz da cova onde naceu Xesús e lévaa a Viena dende onde se distribúe nunha cerimonia ecuménica na segunda semana de Advento. Nesta celebración Delegacións scouts e guías de toda Europa asisten para poder levar a Luz ao seu país.
A Luz é un símbolo de Paz e da chegada de Xesús ás nosas vidas e aos nosos corazóns. Esta Luz serve para animarnos a ser mellor scouts e mellor cristiáns, recordando todo o que Deus quere para nós e que fixo posible coa salvación do noso Señor Xesús. Por este motivo, os scouts queremos distribuíla en Igrexas, domicilios particulares, hospitais, residencias de anciáns, prisións, lugares públicos de importancia social, cultural ou política ou calquera lugar onde se aprecie o seu significado.
O Movemento Scout Católico en España participa neste proxecto dende 1999 co obxectivo de levar a «A Luz da Paz» e a súa mensaxe de Nadal a tantas persoas como sexa posible e animar aos Scouts, como membro dun movemento internacional, a participar activamente para traballar pola paz. Con este motivo, cada ano unha delegación dunha asociación membro de Scouts MSC, encárgase de representar ao Movemento na cerimonia internacional de entrega da Luz da Paz de Belén en Viena e tráela ao día seguinte ao lugar elixido, onde se reparte entre as asociacións asistentes e todos os participantes.
Este ano chegou a España da man dos Scouts Católicos de Guadalaxara e repartiuse o domingo pasado na concatedral desta cidade, onde unha delegación scout da nosa Diocese, entre a que se atopaban 4 Rotas do noso grupo, que son rapaces de 16 a 18 anos e 2 animadores, fomos a recollela e trouxémola ata Galicia. Por último e antes de chegar ata aquí, no día de onte tivo lugar o acto de entrega da Luz para toda a Federación de Scouts de Galicia e para todo aquel que quixo acercarse a recibila (catequistas, membros de distintas pastorais, ordes relixiosas, peregrinos, veciños…), nun acto na Igrexa dos Franciscanos en Santiago de Compostela. Despois de todo este longo camiño a Luz da Paz de Belén chega a esta Parroquia para que todos vos podades levar esta mensaxe de Paz aos vosos fogares.
Todo o Grupo Scout Stoas (pais, nenos, mozos e responsables) desexámosvos un Bo Nadal!
